Estaría enfocada ao sector da automoción local dado o gran número de empresas na zona que se adican á produción de pezas neste ámbito
O concelleiro de Emprego do Concello do Porriño, David Alonso, está a manter reunións telemáticas con empresas do sector da auto moción con diversas propostas de colaboración que inclúen o establecemento dunha bolsa de emprego regular, en atención ás necesidades do sector da automoción na comarca.
Ao primeiro encontro, asistiron representantes das empresas “Ti Automotive”, “TbsiInjectión”, “Magna Seating” e “Gestamp.”
Os contactos establécense a través do programa “Porriño Accede”, aproveitando a colaboración mutua que manteñen desde fai tempo o Concello, con este sector tan importante na economía local.
“Porriño Accede” é un programa dirixido a persoas desempregadas, que ten como obxectivo proporcionar formación e prácticas en empresas, cara a súa inserción laboral.
Dende o ano 2017, e por quinto ano consecutivo, empresas da automoción e o Concello do Porriño, colaboran con este cometido. A Concellería de Emprego e Formación propuxo un ciclo de reunións virtuais, para tratar cuestións relativas ao Programa, que inclúen a creación desa bolsa de emprego regular.