Boa colaboración da ciudadanía pola campaña de vacinación Anti-Covid.
Convocouse as persoas maiores de 80 anos do Porriño, Mos e Salceda.
No Centro de Saúde do Porriño convocouse dende hoxe e nos vindeiros días, veciños do Porriño, Mos e Salceda, maiores de 80 anos, para vacinarse coa primeira dose.
A Policía Local habilitou a marxe dereita da rúa Doutor Paz Varela para o estacionamento de coches que transportan a estas persoas e que poden esperar a que remate o proceso de vacinación. Esta circunstancia facilitou hoxe a espera que tiveron que manter os convocados para vacinarse, xa que o camión frigorífico que traía as vacinas chegou tarde e o proceso de vacinación comezou unha hora despois.
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Seguridade, agradece “a colaboración e a paciencia dos cidadáns para esta campaña de vacinación”.