O Concello do Porriño decide restaurar o mercado ambulante a partir de mañan martes
O Concello do Porriño anuncia que, a partir de mañá martes, restáurarase o mercado ambulante que xa levaba tres semanas suspendido.
Segundo a decisión adoptada e comunicada hoxe, aos restantes grupos da corporación local presentes na Comisión de Seguimento Municipal de Covid, o mercado restablecerase coa metade dos postos para garantir o cumprimento dos protocolos de seguridade e distancia.
O concelleiro de mercados, Sergio Casal, indicou que a Policía Local patrullará durante a mañá para garantir o cumprimento das medidas de seguridade.