Esta bolsa de axudas directas está dirixida aos sectores económicos locais coma hostaleiros, comercio e autónomos afectados pola crise do Covid
As comisións informativas municipais de Urbanismo, Igualdade e Economía prepararán a orde do día do próximo pleno da corporación local, que abordará como asunto máis relevante a creación do fondo de axudas económicas directas para hostaleiros, comercio e autónomos afectados pola crise derivada da pandemia.
Dúas das comisións municipais celebraranse mañá xoves 18 pola tarde de xeito telemático. O luns 22 terá lugar a comisión de Economía, que informará sobre a operación de crédito extraordinario que creará este fondo de axuda para os sectores económicos do Porriño máis afectados. O importe total que se propoñerá será de 140.000 €, dos cales unha parte, 57.000 € corresponde á achega da Deputación, con cargo ao 1% do orzamento da institución provincial, e o resto con cargo a fondos municipais.
A aprobación deste asunto levase ao pleno municipal, que se celebrará o vindeiro día 24. Esta sesión estará presidida por Pedro Pereira como alcalde accidental.
Por Decreto, Eva García cede temporalmente a alcaldía a Pedro Pereira Fernández como consecuencia dunha baixa, debida a unha intervención cirúrxica á que será sometida este xoves e a posterior convalecencia postoperatoria.