O club porriñés destinará este importe ao mantemento dos equipos base e aos gastos do equipo da Liga Nacional Xuvenil e o da Rexional Preferente
O concelleiro de Deportes do municipio porriñés, David Alonso, asinou hoxe xunto coa presidenta do Porriño Industrial, María Gracia Paniccia, e o coordinador de fútbol base do clube, Mario López, un acordo de axuda municipal consistente nunha subvención de 60.000 €.
O Porriño Industrial conta con 15 equipos, dos cales 5 son femininos; sumando un total de 261 licenzas.
O importe da achega municipal ao Porriño Industrial destinarase ao mantemento dos equipos base, así como a sufragar parte dos gastos do equipo da Liga Nacional Xuvenil. Mentres, o equipo da Rexional Preferente segue agardando a que se adopte unha decisión coa competición, condicionada polas restricións anti-Covid.
Neste ano 2021, o Concello do Porriño adica un total de 476.000 € en subvencións aos principais clubes do municipio.