A alcaldesa porriñesa pretende abordar co responsable autonómico cuestións comúns ás dúas administracións, relacionadas co presente e futuro da vila
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, solicitou unha reunión co vicepresidente segundo e conselleiro de Economía da Xunta de Galicia, Francisco Conde, para tratar o desenvolvemento do planeamento urbano e do tecido industrial do municipio.
A rexidora pretende abordar co responsable autonómico cuestións comúns ás dúas administracións, relacionadas co presente e futuro do Porriño.
A solicitude de entrevista con Conde, que foi enviada onte á mañá ao correspondente departamento autonómico, súmase á que xa o pasado mes de decembro García de la Torre fixera ao propio Alberto Núñez Feijóo e que, aínda dos meses despois, non recibiu resposta do gabinete do presidente do Xunta.