O municipio mosense acollerá a chegada da penúltima etapa e última etapa competitiva en liña da edición deste ano.
A última batalla corpo a corpo de La Vuelta 21 rematará en Mos, sendo a chegada mosense a penúltima etapa da competición, mas a última etapa competitiva en liña. Deste xeito Mos volve a situarse no mapa por contar entre a súa veciñanza a Óscar Pereiro, gañador dun Tour de Francia, e embaixador de La Vuelta. No pasado ano 2020 a Etapa 15 de La Vuelta Ciclista a España saíu desde o Pazo de Mos o 5 de novembro. Sendo Mos a única localidade da provincia de Pontevedra na que houbo unha etapa de saída de La Vuelta no 2020.