As seis farmacias mosenses, a de Mos, Puxeiros, Rebullón, Peinador, Sanguiñeda e Pereiras, comezarán mañá a relizar o seu cribado para detectar a COVID-19. As persoas de entre 45 e 60 anos poderán achegarse a unha farmacia en horario de mañá, até as 10:30.
Desde as farmacias lembran que os tests poderán ser realizados por persoas de 40 a 65 anos que deberán acudir persoalmente e aportar DNI e tarxeta sanitaria. Ademais de facilitar un teléfono móvil xa que se o resultado é negativo recibirán un SMS comunicádollo e se é positivo serán citadas para PCR.
Tamén piden que os/as interesados/as en facer a proba non acodan todos mañá, senón que o fagan escalonadamente pois haberá tempo de sobra para realizar este cribado. Así mesmo insisten en que non deben achegarse para levar a cabo o test aquelas persoas que teñan síntomas da COVID-19.
Recollida de saliva na casa e entrega na farmacia. Pontevedra lidera o programa piloto co obxectivo de que a iniciativa se estenda a todas as provincias para aumentar a capacidade de diagnose.
Testar ao maior número de xente posible para detectar canto antes a persoas contaxiadas e illalas. Ese é o obxectivo do SERGAS e da Consellería de Sanidade no que colaboran as farmacias, entre elas as 6 farmacias mosenses, o 100% das existentes no Concello de Mos, polo que a colaboración dos farmacéuticos deste municipio é máxima.
Por iso, as farmacias de Pontevedra comezarán a facer cribados a través da recollida de mostras de saliva, que se analizarán como PCR a través da técnica de «pooling», o que permite tratar varias mostras ao mesmo tempo. Serán os farmacéuticos os encargados de remitir esas mostras aos laboratorios do sistema sanitario. É un programa piloto que se trasladará aos colexios do resto de provincias, o SERGAS xa lles pediu que se somen á iniciativa.
Como funcionarán?
O proceso é sinxelo. As boticas que se uniron á iniciativa terán dispoñibles os kits de saliva para a recollida de mostras, que se lle facilitarán a todos os cidadáns que voluntariamente queiran participar.
Cales son os requisitos?
Esta primeira proba está dirixida ás persoas de entre 40 e 65 anos con tarxeta sanitaria. Non poderán participar aqueles pacientes de coidados paliativos ou inmobilizados, nin usuarios ou traballadores de residencias, ou quen tivese unha resultado positivo en PCR no últimos tres meses ou estea en corentena. A iniciativa non está contemplada para persoas con síntomas, só para asintomáticos.
Cales son os pasos para seguir?
Aqueles cidadáns que cumpran os requisitos pódense dirixir a unha das farmacias adheridas. O farmacéutico daralle un tubo que leva un código de barras. A mostra deberase recoller á primeira hora da mañá, en xaxún e antes de lavarse os dentes. Hai que entregala na farmacia antes das 10.30 horas.
O farmacéutico será o encargado de recoller a mostra e rexistrala no sistema, tamén lle pedirá o número do teléfono ao paciente. A distribución farmacéutica levarao ao laboratorio. Se o resultado é negativo, a persoa recibirá un SMS no móbil, pero se é positivo citaráselle para facer unha PCR nasofaríngea.
Onde e cando?
As 6 farmacias de Mos comezarán a facelo desde hoxe, martes 9 de febreiro:
FARMACIAS DE MOS
María Elena Villar López Carretera Porriño-Redondela, 160 986336013
Irene Sánchez Otero Avenida do Rebullón, 1 – Alto de Puxeiros 986487094
Leónides Vázquez Fernández Avenida do Rebullón, 30 – Tameiga 986486245
Francisco Javier Carrillo Lema Carretera Peinador – Os Valos, 3 – Torroso 986486550
María Jesús Rodríguez Miralles Avenida Sanguiñeda, 96 986330330
Mercedes Abellás Rosende Carretera Porriño-Gondomar, 50 – Pereiras 986333487