Redacción 08/02/2021

O Concello ofrece un servizo de axuda para a solicitude dun 75% do custe en melloras propiedades situadas no Camiño de Santiago

 

 

O concelleiro de Turismo do Concello do Porriño, David Alonso, anunciou que a Administración Local ofrece asesoramento aos cidadáns do Porriño, que queiran solicitar as axudas económicas que a Xunta de Galicia convoca para a mellora paisaxística dos activos que se atopan no Camiño de Santiago. 

Trátase de axudas para particulares de ata 10.000 €, ata un máximo do 75% do custo da actuación, segundo establece a Xunta de Galicia.  No caso das entidades locais, como de feito solicitará o propio Concello do Porriño, a axuda alcanza os 15.000 €.

Poden aproveitar o alcance destas axudas económicas “todas aquelas actuacións que teñen por obxecto a mellora paisaxística, a procura da harmonía, a orde, respecto, e a coherencia do Camiño de Santiago e a súa paisaxe, cos valores culturais ligados ás sociedades que ao longo do tempo construíron este espazo” segundo explica a resolución da Axencia Turismo de Galicia que as convoca.

As actuacións deberán realizarse sobre bens físicos, situados no ámbito de protección dos camiños de Santiago e no campo visual do seu recorrido.

En concreto, poderán ser obxecto de subvención actuacións sobre elementos etnográficos e a súa contorna -fontes, lavadoiros, hórreos, pontes ou pontellas, muíños, valados, peches…-; actuacións sobre a casa e a eira; mellora nos revestimentos da fachada, cuberta con materiais propios da zona -como son a madeira, pedra ou calquera material que harmonice- ou actuacións de desentullo e limpeza de lixo ou materiais en desuso, entre outras.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad