O Ministerio de Transición Ecolóxica emite un informe precepetivo desfavorábel ao Plan Especial de Infraestructuras e Dotacións (PEID) para as instalacións deportivas do Real Club Celta de Vigo. O Goberno municipal de Mos foi incapaz de xustificar a existencia dos recursos hídricos suficientes para o desenvolvemento do PEID nin de demostrar a capacidade para recoller os caudais de aguas de refugallo. Ecoloxistas en Acción alerta de que as instalacións que figuran no informe como “a implantar” xa están de feito construídas e inaguradas sen estar o Plan Especial de Infraestructuras e Dotacións aprobado, polo que a organización ecoloxista denuncia a cidade deportivas do Celta carecen de legalidade urbanística.
Ecoloxistas en Acción tivo acceso ao informe preceptivo do Ministerio de Transición ecolóxica que, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, resolve en contra do Plan Especial de Infraestructuras e Dotacións co que o goberno local de Mos pretendía dar cobertura legal ás instalaciones deportivas do Real Club Celta de Vigo nos montes do concello.
A organización ecoloxista ve respaldadas. con este informe, as súas denuncias pola ilegalidade das obras da Cidade Deportiva promovida polo clube deportivo e a alcaldesa de Mos. Tal como denuncian, estas obras estánse realizando “sobre solo rústico de especial protección forestal baixo a autorización unicamente da Xunta de Goberno local de Mos quen otorgou dúas licencias directas para a construcción de dous campos de fútbol e os imprescindibles vestiarios e pequeno almacén”.
Ecoloxistas en Acción denuncia que as instalacións que figuran como pendentes de implantación no Plan Especial de Infraestructuras e Dotacións xa están en realidade construídas e incluso inaguradas co apoio do goberno local e autonómico. De esta maneira, o goberno de Mos estaría solicitando permisos para “legalizar” unha urbanización xa construída. A decisión, entenden, contradice claramente a contestación do goberno municipal de Mos ás reclamacións de Ecoloxistas en Acción, nas que afirmaba que as obras da cidade deportiva estaban dentro da legalidade e non se excedían os parametros das licencias directas outorgadas polo Xunta de Goberno local.
Segundo os ecoloxistas, esta é a relación de instalacións que figuran no informe sobre Plan Especial de Infraestructuras e Dotacións:
– Tres campos de futbol de herba natural de dimensións 108 x 68 m.
– Unha área de preparación de porteiros, unha área de tecnificación e instalacións deportivas complementarias ao aire libre.
– Un edificio de superficie edificable máxima de 4.750 m2, para albergar usos deportivos (vestiarios, ximnasio, recuperación, fisioterapia, hidroterapia…) e usos – complementarios (dependencias do staff técnico, corpo médico, administración, salas de prensa, comedor, instalacións técnicas, almacéns…).
– Un aparcamento para 80 vehículos.
Desde Ecoloxistas en Acción recalcan que ao igual que sucedeu coa Modificación Puntual do PXOM, o Plan Especial caeu pola propia “senrazón de pretender urbanizar uns terreos rústicos que carecen das infraestructuras mínimas necesarias”, ficando en evidencia “o despropósito de querer urbanizar o monte”. Ecoloxistas en Acción remata exixindo ao goberno local de Mos que ordene inmediatamente a paralización destas obras, que nunca deberon iniciarse sen ter garantidas ditas infraestructuras e aprobado o Plan Especial de Infraestructuras e Dotacións. Para a organización ecoloxista é moi grave que a propia administración local estea encubrindo unhas obras denunciadas por ilegais.