Redacción 07/02/2021

As convocatorias levadas a cabo pola CIG sacan ás rúas de todo o país a millieros de persoas para reclamar outras políticas que garantan a recuperación económica e de dereitos laborais, a industrialización e creación de emprego digno, así como o reforzamento dos servizos públicos. As concentracións realizáronse de maneira descentralizada, en 18 localidades do país, seguindo as recomendacións de seguridade sanitaria.

 

Milleiros de persoas sairon hoxe á rúa na Galiza para apoiar a convocatoria feita desde a CIG para denunciar que as medidas que se están a adoptar polos Gobernos español e galego son insucientes ou inexistentes para dar unha resposta xusta á crise derivada da pandemia. Segundo o seu Secretario Xeral, Paulo Carril, estas políticas “lévannos a unha maior precariedade, máis desigualdade social e máis pobreza porque o capitalismo aposta por salvar a economía en vez de protexer as persoas”.

Fronte a aplicación das mesmas receitas de sempre e para evitar que “esta crise constitúa un novo saqueo ao pobo traballador”, a CIG esixe un plan de recuperación económica, industrialización e creación de emprego digno e con este obxectivo elaborou amplísima batería de medidas que xa foron remitidas aos Gobernos español e galego, aos partidos políticos e ás asociacións patronais. A este respecto, Carril salienta que para iniciar a recuperación dos dereitos laborais e sociais, hai que comezar pola derrogación das reformas laborais, da negociación colectiva e das pensións implantadas dende 2010, e pór en marcha unha nova lexislación laboral e social “que restitúa os dereitos roubados e recoñeza novos dereitos ante as novas formas de explotación laboral”.

Neste camiño, Carril reclama a xación por lei do SMI no 60% do salario medio, tal e como marca a Carta Social Europea, a supresión do IPREM e o establecemento dunha renda de inserción laboral e social, na contía do SMI; así como establecer por lei unha pensión mínima igual ao SMI e a súa revalorización anual co IPC real. Xunto a isto, que se prohiba por lei a aplicación de ERE, ERTE, modicacións de condicións etc. sen previa autorización administrativa e acordo co persoal; e eliminar as ETT, as empresas multiservizos, a gura de “falsos/as autónomos/as” e a subcontratación en cadea. De igual xeito, a CIG insta a que se desenvolva dunha vez o Marco Galego de Relacións Laborais.

Ante a conxuntura actual, o secretario xeral da CIG destaca que as administracións teñen que ter un papel fundamental na dinamización económica, polo que demanda a intervención pública no sistema nanceiro, coa xestión directa dos fondos europeos, a formalización dun concerto económico co Estado, a creación dun Banco Público Galego, a participación da Xunta en proxectos empresariais chave ou a nacionalización de empresas como Alcoa ou Alú Ibérica.

Da mesma maneira, a CIG defende que “cómpre encetar unha transición enerxética galega e xusta, poñendo en marcha unha Estratexia de Transición Xusta e medidas como a Tarifa Eléctrica Galega”. Propoñen que se aplique unha fiscalidade progresiva e xusta e aumentar o investimento en I+d+I. Para o secretario xeral da CIG hai que reforzar os sectores estratéxicos (como o agrario, pesqueiro e da industria conserveira, forestal, naval, comercio e turismo), e pór en marcha un plan de desenvolvemento industrial de apoio e protección a estes sectores, con medidas que permitan o seu avance e modernización dun xeito sustentábel e que favoreza a creación de emprego e o fin da precariedade e a emigración.

Ademais, a CIG demanda un reforzo dos servizos públicos, eliminando a taxa de reposición, e retornando ao público aqueles servizos privatizados, volvendo á xestión directa da sanidade, e fortalecer o ensino público, incrementando os cadros de persoal en ambos casos. Tamén a posta en marcha dun Plan de Conciliación con dereitos para as necesidades de coidados xeradas pola pandemia e a creación dun Sistema Público Galego de Atención ás Persoas, que integre residencias, centros de día, centros de atención á diversidade, etc., incorporando á rede pública os SAF e dignicando as condicións do persoal.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad