Redacción 04/02/2021

A empresa GEOCISA será a responsable de realizar as 72 prospeccións programadas

 

 

O Concello do Porriño autoriza o inicio das mostraxes encargadas pola Xunta de Galicia, para investigar zonas do municipio afectadas polo lindano. O traballo de prospección será desenvolvido pola empresa “GEOCISA” -Geotecnia y Cimientos S.A.-

As mostras de auga e as calicatas de solo realízanse en terreos de titularidade municipal, no marco do “Plan integral de investigación para as áreas afectadas pola contaminación por lindano”, promovido pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta.

Onte, a alcaldesa do Porriño, Eva García, autorizou o inicio das mostraxes a “Geocisa”; que notificará unha semana antes, a data de inicio dos traballos en cada zona.

Segundo a empresa realizaranse un total de 72 prospeccións, que se desenvolverán en 11 puntos do Monte da Risca;  en 12 de Alvarín, Atios;  en 25 puntos da parroquia de Torneiros;  en 12 localizacións da parroquia de Pontellas; e outras 12 en Mosende.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad