Redacción 04/02/2021

Sen detallar o montante deste compromiso, o Concello celebra que a Xunta acepte financiar as obras de acondicionamento dos centros educativos e promete  impulsar con fondos propios o arranxo da pista deportiva exterior.

 

As importantes obras de acondicionamento e arranxo serán levadas a cabo durante o presente ano 2021 en tres dos cinco Colexios Públicos de Educación Infantil e Primaria de Mos: Petelos, Atín-Cela, e Mestre Martínez Alonso (Castro-Mos). Segundo o Concello, a mellora máis importante que se acometerá por parte da consellería de Educación será no CEIP de Petelos, onde se optimizará o illamento térmico cun cambio de ventás e se illará totalmente o ximnasio para evitar filtracións e humidades. O propio Concello asumirá o arranxo do firme da pista deportiva exterior, pendente de reposición desde fai uns anos.

Por outro lado o Colexio de Atín-Cela será en 2021 obxecto da substitución de todos os falsos teitos e do remate da renovación de ventás, que comezou en 2019 e da que xa se levan realizado dúas fases. Só queda pendente á última, que supón a colocación das 20 novas fiestras restantes.

Por último, no CEIP Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos actuarase en 7 aulas para illalas do calor e as altas temperaturas nos meses máis calorosos do ano, instalando toldos nos seus ventanais. Construirase tamén unha rampa que mellore a accesibilidade entre os dous patios de recreo exteriores que se atopan a diferentes alturas. Ademais, tamén se fará unha reparación de todos os lucernarios.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad