Segundo o Concello, a crise sanitaria da COVID-19 obriga a primar e potenciar a formación para o emprego en liña e desde a Axencia de Colocación do Concello de Mos póñense en marcha dúas novas iniciativas nas que as persoas interesadas en participar deben incribirse esta mesma semana: un obradoiro de mercadotecnia dixital e unha convocatoria de certificacións en novas tecnoloxías.
O Concello de Mos colabora desde hai anos con organismos relacionados coas novas tecnoloxías, como a Rede Conecta, a Fundación Esplai e a Fundación Cibervoluntarias. A través destas dúas entidades incorpórase á programación formativa da Axencia de colocación do Concello de Mos neste mes de febreiro un obradoiro de márketing dixital on line e unha convocatoria de exames de certificación en novas tecnoloxías.
O taller de márketing dixital on line do Programa Extraordinarias é totalmente gratuíto para os participantes e impartirase o 11 de febreiro ás 18.30 horas. Trátase dun programa destinado a formar en mercadotecnia dixital a mulleres emprendedoras de zonas rurais co fin de potenciar ideas e negocios activos que están xerando valor e economía local para impulsalos a nivel global. Extraordinarias é un programa conxunto de Zona from Facebook e Fundación Cibervoluntarios xunto co Concello de Mos. As inscricións neste obradoiro deberán formalizarse na web https//mos.portalemp.com
Por outra banda está a certificación en competencias dixitais Microsoft Office Specialist e IC3. Estas certificacións son posibles grazas ao apoio da Rede Conecta á que está adherido o Concello de Mos. Trátase da 3ª quenda de exames de certificación (tamén gratuíta) convocada pola Rede Conecta para realizar desde a casa. Cada persoa só poderá apuntarse a unha das dúas modalidades de exame.
As convocatorias son para dúas modalidades: Modalidade Microsof Office Specialist (MOS), cun solo exame sobre Word 2016 o 24 de febreiro ás 10:00 horas, sobre Excel 2016 o 25 de febreiro ás 10:00 horas, e sobre Power Point 2016 o 26 de febreiro ás 10:00 horas. E Modalidade IC3 GS5, con ata 3 exámenes sobre Fundamentos da Informática o 24 de febreiro ás 12:00 horas, Aplicacións Chave o 25 de febreiro ás 12:00 horas e O mundo de Internet o 26 de febreiro ás 12:00 horas. A data límite de pre inscrición será o venres día 5 de febreiro. A preinscrición deberá formalizarse exclusivamente nesta ligazón.
A xestión das inscricións e exames realízase exclusivamente desde a Rede Conecta a través deste enlace. Será imprescindible a confirmación partir do luns 15 de febreiro de todas as persoas pre inscritas, que recibirán un correo cun formulario adxunto, para confirmar a súa presencia no exame. Só aquelas persoas que confirmen, recibirán a convocatoria online final para o exame. A data límite para esta confirmación é o día 19 de febreiro. Ante calquera dúbida, os interesados poden contactar coa Axencia de Colocación no teléfono 986487786 para poder xestionar coa Rede calquera incidencia.