Redacción 29/01/2021

Tras a recente Orde do 26 de xaneiro de 2021 da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia comunican:

 

 

A Plataforma Galega pola Educación Física, a Actividade Física e o Deporte, promovida polo Colexio Oficial de Licenciados en Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia -COLEF Galicia-, a Asociación de Empresas Xestoras de Instalacións Deportivas de Galicia -AEXIDEGA- e a Asociación Galega de Xestión Deportiva -AGAXEDE-, á vista da Orde do 26 de xaneiro de 2021, pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia. 

Demanda da Xunta de Galicia:

1. Axudas directas e demais medidas consensuadas

Sendo un dos sectores máis afectados polas restricións dende o comezo da pandemia e, actualmente, afectado polos peches temporais de establecementos e actividades, reclamamos que os profesionais, empresas e entidades que prestan servizos de educación física, actividade física e deporte sexan incluídos de xeito específico no segundo Plan de rescate recentemente anunciado pola Xunta de Galicia.

2. Recoñecemento como actividade esencial

Que os servizos de educación física, actividade física e deporte prestados por empresas, entidades e profesionais cualificados, sexan recoñecidos como actividade esencial, tendo en conta a evidencia científica acreditada e que a Lei 3/2012 do Deporte de Galicia o considera de interese público (ver Manifesto polo recoñecemento da educación física, a actividade física e o deporte como actividade esencial na loita contra a COVID-19).

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad