O Concello acometerá a renovación de instalacións de alumeado exterior en núcleos do Porriño, Chenlo, Cans, Atios, Torneiros e Mosende por máis de medio millón de euros
A rexidora de O Porriño, Eva García de la Torre, firmou hoxe o decreto da Alcaldía que confirma a adxudicación dos contratos para a renovación das instalacións de alumeado e sinalización exterior, que se executarán en diversas zonas do termo municipal, tanto en núcleos do Porriño, como das parroquias de Chenlo, Cans, Torneiros, Atios e Mosende.
A actuación dividiuse en tres lotes de licitación que suman en total un gasto de 519.767,91€ -429.560,25 € + 90.207,66 € de IVE- que serán financiados con fondos FEDER para a transición enerxética e con recursos propios do Concello.
O lote 1, consistente na renovación de instalacións de iluminación exterior en núcleos do Porriño (A Gulpilleira, Carracido, A Senra, Malladoura, Carracido Amieiro, A Raposeira Urb e rúa Leandro Diz) e na parroquia de Cans (Confurco-A Buraca e A Graña) adxudicouse á UTE SANTOS HECTOR-SIMTEGAL, cun orzamento de 175.450,00 (IVE incluído), cun prazo de execución de 3 meses.
O Lote 2, consistente na obra de renovación de instalacións de iluminación exterior na parroquia de Atios (A Insua, O Castro), na parroquia de Torneiros (Casal de Vello, A Relva e A Gándara) e na parroquia de Mosende (O Caeiro, Unif.Casal+Igrexa, Figueiras e A Costeira), adxudicouse á firma ELECTRICIDAD IN.M.A.C CONDADO SL, cun orzamento de151.528,30€ (IVE incluído) e cunprazo de execución de 3 meses.
E por último, o Lote 3, para renovación de instalacións de iluminación exterior na parroquia de San Juan de Chenlo (Saramagal, A Granxa, Parada, O Penedo, Canadelo-O Toxal, As Cabreiras, A Ladeira-A Quinta e As Cales-As Abas) tamén á Electricidad IN.M.A.C Condado SL, cun orzamento de 184.427,18€ (IVE incluído) e 3 meses de prazo de execución.