Redacción 26/01/2021

O Goberno municipal levara a proposta a consideración da comisión de seguimento da Covid

 

 

O goberno municipal porriñés levará -mañá mércores ás 13.00 h- á consideración da Comisión de Seguimento da Covid, varias propostas entre as que cabe subliñar unha suspensión temporal do mercado ambulante.

Sería efectiva a partir do vindeiro 2 de febreiro e por espazo de tres semanas, a mesma marxe de tempo que a Xunta de Galicia establece para que teñan efecto as medidas que entran en vigor este mércores.

Tendo en conta o impacto económico desta medida e tamén do peche da hostalería decidido pola Xunta, o goberno municipal vai trasladar a proposta de crear unha partida orzamentaria para axudas económicas directas, semellante á que se habilitou en 2020 e que repartiu achegas por un importe global superior aos 80.000 € entre autónomos, pemes e microempresas locais.

Por último, o goberno municipal tamén vai expoñer na Comisión de Seguimento da Covid outras medidas restritivas como o posible peche dos parques infantís e de recintos deportivos, agás aqueles onde poida desenvolverse a práctica de xeito individual como por exemplo as Pistas de Atletismo e o Velódromo.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad