A vítima precisou atención de urxencia por un traumatismo craneal sendo dada de alta posteriormente
Na madrugada de hoxe, sobre as 04.10 h tanto Policía Local do Porriño como Guardia Civil recibían o aviso dunha agresión nun presunto delito de violencia de xénero, polo que se trasladaron ao domicilio sito na parroquia porriñesa de Atios para atender á chamada.
Á chegada dos axentes, atoparon á muller de 53 anos de idade cun forte golpe na cabeza que presentaba unha ferida inciso contusa, polo que foi trasladada ás urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro; por outra banda detívose ao home de 41 anos co que convive dende hai uns anos, por un presunto delito de Violencia de Xénero.
Unha vez detido o suposto agresor, foi trasladado ás dependencias da Guardia Civil para a instrución das oportunas dilixencias e a súa posta a disposición xudicial.
Xa pola mañan, a vítima (que acumula máis dun cen denuncias similares) presentou denuncia contra o suposto agresor no Cuartel da Guardia Civil de Torneiros.