Redacción 18/01/2021

O mapa recolle case 300 exemplares identificados, permite consultar os nomes das árbores do parque e localizar aqueles exemplares máis destacables e xenlleiros. A organización ecoloxista pretende así poñer en valor as árbores do parque mais urbano da cidade de Vigo, e pide a colaboración cidadá para completar o mapeo, comunicando a ubicación daqueles especímenes todavía non recollidos.

 

Ecoloxistas en Acción destacan o elevadísimo valor ambiental que ten o Castro de Vigo pola súa biodiversidade natural, ademais da grande importancia para a cidade polo valor paixasístico e os servizos ecosistémicos do conxunto árbóreo. O parque é a derradeira illa verde de suficiente tamaño para facer de “pulmón” o centro da cidade. Contén un amplo catálogo de especies de árbores ornamentais de gran valor ecolóxico, histórico e educativo. Por iso, o parque do Castro ten unha gran potencialidade como área para educación ambiental e achegamento dos cidadáns á fauna e flora.

Nos último ano realizáronse tallas de decenas de árbores dentro da execución do proxecto de iluminación da muralla e urbanización da fortaleza. Moitas das tallas se executaron con criterios arbitrarios. Esta eliminación persistente de exemplares semella ter unha clara finalidade de clarexo para ofrecer limpeza de horizontes. Esta discutida e controvertida actuación non parece realizarse con criterios paixasísticos e profesionais sólidos, xa que se tallan unhas árbores e outras non. Así cercenáronse os principais carballos americanos de gran porte que estaban catalogados e sen embargo non se xestionan axeitadamente os piñeiros, moitos deles secos en pé ou defoliados pola procesionaria. Esta defoliación é debida a que as trampas prásticas para as eirugas non son limpadas e as árbores se someten a tratamentos de fumigación. Tamén elimináronse setos e arboriñas, cun claro impacto na abundancia de bolboretas. A diminución da biodiversidade é moi acusada e pon en risco o futuro do pulmón verde da cidade.

Ecoloxistas en Acción demanda ao Concello de Vigo que non continúe coas tallas arbitrarias e aplique criterios de sostibilidade, de preservación da biodiversidade urbana e de respecto á historia da cidade e aos usuarios do parque.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad