A aparición dun positivo no gabinete obriga a Eva García e o seu persoal de confianza a traballar telemáticamente dende os seus fogares
A aparición dun positivo por Covid, aínda que asintomático, entre o persoal de confianza da Alcaldía do Porriño, obriga á alcaldesa, Eva García de la Torre, e a outras persoas do seu equipo, a gardar corentena durante dez días, segundo establecen os protocolos.
Deste xeito a axenda oficial para este luns 18 cancelouse, vendose a rexidora obrigada á suspensión das reunións presenciais que ía manter hoxe.
Unha delas con Andrés Fernández, conselleiro delegado do “Grupo Zendal”, da factoría sita no Porriño “Biofabri”, que traballa nunha das vacinas contra a actual pandemia. A entrevista que se adía, está relacionada cos plans de expansión desta firma no municipio.
A alcaldesa porriñesa tamén se ve na obriga, de aprazar a visita e reunión que ía manter co empresario e presidente da entidade urbanística de conservación do polígono da Granxa, Indalecio Cuevas.
Sen embargo, tanto a alcaldesa coma o seu equipo, manterán parte da súa actividade a través do teletraballo.