O grupo municipal votou a favor no Pleno, no punto da venda de parcela de Titularidade Municipal
A voceira municipal de EU Son do Porriño, Patricia Sío, manifesta o seguinte a través dun comunicado:
“Con relación á información aparecida na fin de semana nos medios e nas redes sociais do Concello do Porriño sobre a aprobación por decreto da venda dunha parcela de titularidade municipal a IMBEREMBAL por importe de 960.000 euros + IVE, queremos manifestar o seguinte:
– A operación foi levada o 30 de decembro a Pleno para a súa aprobación. O acordo non saiu adiante, non só polo voto en contra do PP, senón porque estaban ausentes Manuel Carrera de UDDL e a alcaldesa.
– EU Son do Porriño votou a favor.
– Mentir alegando que a operación tivo que materializarse por decreto por un bloqueo no Pleno que non existiu é moi grave. É absolutamente falso e non se pode alterar nos medios o sentido do noso voto. Ante o acontecido só caben dúas posibilidades (ou as dúas):
– Ou a persoa que leva a comunicación do Concello, Eugenio Giráldez Villar, fai patente unha vez máis a súa incompetencia e/ou actúa con mala fe. Estaba no Pleno e ademáis ten acceso á gravación. Como profesional e como persoal remunerado con cartos públicos debe proceder co máximo rigor.
– Ou a alcaldea bota man unha vez máis da manipulación, vitimizando, para agochar a súa patética xestión acusándonos de “pinzas imaxinarias”.
Non imos aturar este tipo de actuacións. Esiximos a rectificación inmediata, do contrario, as consecuencias políticas van ser graves. O goberno municipal está en minoría pero aínda non parece consciente“.
Achégase ligazón do Pleno http://mediateca-oporrino.seneca.tv/library/items/plenoordinario-diciembre-2020?part=3e74d4a7-d790-4117-be13-d29dda2ae34b&start=4118
Véxase minuto: 1:08:30