A administración local recibiu onte o novo material, financiado pola Deputación, e procederá a instalalo próximamente.
O Concello de Mos recibiu o material para a renovación dos elementos de xogo en catro parques infantís municipais. Estes novos elementos serán instalados próximamente nos parques infantís da parroquia de Torroso xunto á sede de ASODIFISI, o de Arrufana na parroquia de Louredo, o das Lagoas en Guizán e o da Porteliña en Petelos.
No parque da Porteliña instalaranse catro novos elementos, dous dos cales serán balancíns; nas Lagoas instalaranse tres novos elementos, dous balancíns e un novo peche; en Arrufana, un novo escorregadoiro e un novo peche; e no de Torroso instalaranse tres novos elementos entre os que se atopa un bambán e un balancín. En total, doce novos elementos. O orzamento total para a renovación destes xogos ascende a 19.202 euros, con cargo a Liña 1-Investimentos de axudas do Plan Concellos.