Teenage Fanclub, The Excitements, Bronquio e ALE son as primeiras confirmacións da quinta edición de 17º Ribeira Sacra Festival, que se celebrará do 16 ao 18 de xullo de 2021 na Ribeira Sacra.
17° Ribeira Sacra Festival é unha cita anual na que música, patrimonio, paisaxe, gastronomía e viño únense para crear unha experiencia única para o público. Os concertos en espazos singulares son un dos principais atractivos para un festival que o próximo verán reunirá, nunha fin de semana, á mítica formación escocesa Teenage Fanclub e o seu esperadísimo novo traballo, “Endless Arcade”, un álbum que sairá ao mercado o próximo mes de marzo e que reflicte o momento actual no que se atopa a banda. Pola súa banda, The Excitements, anuncian o seu retorno aos escenarios despois dun ano de pausa e coa incorporación da cantante francesa de orixe somalí Kissia San, quen liderou diferentes proxectos dentro da escena do blues e do soul en Francia.
Doutra banda, o recente éxito de Bronquio débese sobre todo á alta calidade das producións, que ademais contan con colaboradores de excepción como Kiko Veneno ou o máis selecto do trap nacional. Os seus temas navegan por case todos os estilos posibles da música electrónica. En cambio ALE, proxecto artístico posto en marcha polo músico e compositor galego Alejandro González, deixa marcada a súa especial sensibilidade na arte de facer cancións pop, adaptando o seu reconocible estilo a múltiples rexistros. Un traballo minucioso e artesanal, producido por Nicolás Vieites, que publicará a principios deste ano.
Estas novas confirmacións poderanse gozar en cada un dos espazos singulares de 17º Ribeira Sacra Festival: adegas, miradoiros, un catamarán con música en directo, etc. A través das súas diferentes edicións, 17º RibeiraSacra Festival quixo reinterpretar a personalidade do territorio a través de figuras nacionais e internacionais da música, a cultura, o viño, a gastronomía ou o patrimonio.
Un dos grupos que actuarán no festival é Teenage Fanclub. Na década de 1990, este colectivo creou un son magnéticamente pesado pero rico en harmonía en álbums clásicos como “Bandwagonesque” e “Grand Prix”. Neste momento, álbums como “Shadows” e “Here” documentaron un Fanclub máis relaxado, menos «adolescente», que reflicte a etapa na que se atopa agora mesmo a banda, xunto co cal “Endless Arcade” encaixa perfectamente. O álbum percorre unha fermosa liña equilibrada entre o melancólico e o edificante, impregnado de verdades simples. A importancia do fogar, a comunidade e a esperanza entrelázase con pensamentos máis agridoces, ás veces máis escuros, de inseguridade, ansiedade e perda. “Endless Arcade” será o primeiro álbum da banda sen Gerard Love.
Tamén contará o festival co espectáculo de The Excitements: a banda nacional de soul con máis proxección internacional, quen anuncia o seu retorno aos escenarios. Despois dun ano de pausa, este 2021 volven subirse aos escenarios coa incorporación da cantante francesa de orixe somalí Kissia San, quen liderou diferentes proxectos dentro da escena do blues e do soul de Francia. Actualmente están en proceso de gravación do seu cuarto traballo, o primeiro con Kissia á voz e que será publicado a principios deste ano.
Bronquio é o alias de combate de Santiago Gonzalo, novo músico nado en Xerez que tamén acudirá ao fetival. A súa tradición hardcore-punk levouno a apostarse á fronte de bandas xa desaparecidas como Gipsy Aliens ou Egua. O seu labor como produtor terminou empuxándoo cara ao mundo dos laptops e as tarxetas de son, aínda que mantendo sempre unha actitude disidente. Activista do ritmo, a súa última encarnación como Bronquio antóllase na escena do trap o que The Prodigy foron no mundo do drum ‘n’ bass: un xiro de 180 graos. O de Bronquio é pura contundencia, unha marea de beats e texturas que roza a cultura clubbing penetrándose ata o lado máis escuro da xeración millennial.
Por último, confírmase a actuación de ALE, membro da banda Los Árboles, decidiu iniciar o pasado ano a súa carreira musical en solitario e “A revelación” foi o single co que pechaba este 2020. Un tema que relata o comezo dunha nova vida nacido por mor dunha reflexión do artista durante o confinamento. «Hai unha intención de renacer, de empezar unha vida nova onde sexamos capaces de gozar das cousas máis básicas e o resto impórtenos unha merda». Publicará proximamente o seu primeiro epé.
Os abonos están a venda desde onte en Ataquilla.com.