O piloto porriñés de motocross proclamouse campión de España sub18 de Motocross por segundo ano consecutivo
O piloto porriñés, Yago Martínez, proclamado por segundo ano consecutivo, campión de España sub 18 de motocross, agradeceu persoalmente ao Concello do Porriño o apoio recibido na tempada que acaba de rematar.
Yago recibiu a través do contrato de patrocinio que asinou co Concello, unha achega de 3.000 € en 2020.
O piloto entregou a través do concelleiro de Deportes, David Alonso, agasallos para o Concello como se mostra na imaxe do encontro celebrado no Polideportivo Municipal.
De cara a esta nova tempada, o concelleiro de Deportes informou a Yago Martínez de que se convocará unha bolsa de axuda para deportistas individuais de alto nivel, cunha partida do orzamento municipal de 2021 á que poderá acceder, para recibir unha vez máis o apoio do Concello do Porriño.