![](https://porrinodigital.es/wp-content/uploads/2021/01/images_2021_ENERO_Porrio_PL.jpg)
Incautáronse 15 papelinas de cocaína e 2 de heroína, así coma unha arma branca
Dende a Xefatura tamén informan da recuperación de 2 vehículos sustraídos e da imposición de 20 denuncias por incumprimento do uso das máscaras
Un home foi detido por un presunto delito contra a saúde pública por tráfico de drogas, nun operativo policial no que se interviñeron varias doses de cocaína e heroína. segundo informou a Policía Local do Porriño.
Os feitos ocorreron o sábado, nas inmediacións da rúa Lugo. Un condutor levantou as sospeitas dunha patrulla policial, ao observar unha estrana manobra do vehículo. Realizouse un seguimento solicitando a colaboración doutra patrulla da Policía Local do Porriño e avisando tamén á Policía Local de Mos, xa que se trata dunha zona fronteiriza entre ambos municipios.
Unha vez interceptado o vehículo procedeuse á inspección do mesmo, co descubrimento de 15 papelinas de cocaína e outros dous envoltorios de heroína; así coma unha arma branca. O detido, veciño de Pontellas de 40 anos, foi posto a disposición xudicial.
Por outra banda, a Policía Local de Porriño tamén informa do esclarecemento dun roubo de dous vehículos, sustraídos en Valencia e que poideron ser recuperados e entregados ao seu lexítimo propietario, esta pasada fin de semana.
Por último, a Policía Local do Porriño lémbra a obriga de levar máscaras e cumprir os protocolos anti-Covid. Os axentes continúan cos controis que, ata a data do hoxe luns 11 de xaneiro, provocaron 20 denuncias no que vai deste 2021.