Realizou varias intervencións para eliminar as placas de xeo en diferentes áreas do municipio
A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Porriño informa que ao longo do día de onte e deste sábado continúa a realizar intervencións en varios puntos do municipio para eliminar as placas de xeo.
Segundo explicou o xefe da agrupación, Suso González Pexegueiro, hoxe interviñeron na subida a Pego, en Atios; no Contrasto; en Torneiros e na Avenida de Galicia, botando sal para eliminar placas de xeo.
Onte actuaron en algún deses mesmos puntos e tamén na rúa Doantes de Sangue, nas inmediacións do Polideportivo Municipal e da Piscina; así como na Guía, Eidos, Vilafría e na Carrola, parroquia de Atios.