Redacción 09/01/2021

Afortunadamente o lume so afectou ao baixo da vivenda polo que non houbo danos persoais

 

 

Ás 09.22 h desta mañá, o 112 alertaba do incendio nunha vivenda da rúa Tarela, á altur do número 5. De súpeto tanto bombeiros do Baixo Miño, Policía Local e Protección Civil do Porriño achegaron os seus esforzos para a extinción do lume, iniciado no baixo da vivenda.

A casa foi desaloxada de inmediato, polo que só hai que lamentar danos materiais pendentes de avaliar.

Segundo as primeiras estimacións, a posible causa do lume puido ser un curtocircuíto eléctrico.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad