Redacción 04/01/2021

Melchor, Gaspar e Baltasar recibirán aos nen@s porriñeses no auditorio exterior do Centro Cultural Municipal

 

As Súas Maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar recibirán mañá martes 5 de xaneiro, de xeito presencial, aos nen@s do Porriño que queiran falar con eles. 

Os Reis Magos atenderán en dúas quendas: pola mañá entre as 12.00 h e as 14.00 h, e pola tarde de 17.00 h a 20.00 h, no auditorio exterior do Centro Cultural Municipal, onde xa está habilitada unha zona de recepción.

A entrada é libre, sen necesidade de cita previa.  Pero haberá un control de entrada e capacidade, con rexistro de datos dos participantes e aplicación de protocolos de hixiene e seguridade.

Debido ás restricións actuais derivadas da pandemia, o Concello rexeitou a celebración da tradicional Cabalgata. 

Así mesmo, a Concellería de Festas que dirixe Cami Moreira, ademáis desta recepción, tamén apostou por outras formas de interacción da infancia porriñesa cos Reis Magos, como as vídeochamadas de Melchor, Gaspar e Baltasar a máis de 600 familias previamente rexistradas.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad