Esta mañá, os Reis Magos de Oriente fixeron entrega no auditorio do Multiusos das Pozas dos agasallos que lles pediran os 70 nenose nenas de familias usuarias dos Servizos Sociais mosenenses. Tamén soubemos esta mesma mañá os nomes dos gañadores do concurso infantil de postais natalicias: Teo, Saray e Candela.
O programa Mos Axuda, coa asistencia dos Reis Magos de Oriente, entregaron esta mañá os agasallos pedidos por 70 nenos e nenas do municipio. Para facer isto posible, foi imprescindible a colaboración de particulares como os pais e nais dos nenos das escolas infantís, pequenas empresas e autonónomos e de AEMOS. Os agasallos que os 70 cativos beneficiarios recibiron esta mañá, nun acto conxunto que contou con medidas de seguridade sanitaria, son xoguetes, obxectos, materiais ou prendas que previamente tiveran pedido.
Esta mañá soubemos tamén os nomes dos gañadores do concurso de postais de Nadal organizado polo Concello. Un total de 31 nenos e nenas mosenses de entre 3 e 12 anos participaron nesta edición do concurso. O fallo do xurado fíxose público durante un acto que se celebrou esta mañá na Biblioteca Municipal e no que tamén se levou a cabo a entrega de premios a cargo da concelleira de Cultura e Política Social, Sara Cebreiro.
O xurado estivo integrado nesta edición, e como xa se ven facendo desde hai catro anos, polos propios rapaces e rapazas participantes no concurso, que foron os que votaron ás súas creacións favoritas de entre as que se presentaron a concurso. O xurado elixiu como vencedor da categoría 1 -de 3 a 5 anos- a Teo Oya, na categoría 2 -de 6 a 8 anos- a Saray Borrajo; e na categoría 3 -de 9 a 12 anos-, a Candela Reche. Os gañadores recibiron como premio un vale regalo para produtos de librería e papelería e un diploma. Nas primeira e segunda categorías participaron 9 cativos en cada unha delas, e na terceira a cifra de rapaces participantes foi de 13.