“Tierra de Nadie” é o single que adianta o novo traballo da compositora e cantante Carolina Rubirosa. O LP, que será presentado a vindeira primavera, foi producido Juan de Dios Martin, colaborador de artiastas como Amaral ou Xoel López e nominado aos Premios Grammy, e nel participaron outros artistas de grande talla internacional e nacional. O disco, tamén cun forte carácter internacional, foi grabado entre Nova Iorque, Os Ánxeles, Madrid, A Coruña e Pequín.
“Tierra de Nadie” é unha declaración de intencións, na que a autora fai un profundo exercicio de honestidade, adentrándose na compelxidade da arquitectura emocional humana: a incerteza, o medo, o valor, a superación e finalmente, a liberdade. Carolina proclama unha potente mensaxe de defender o valor do diferencial, de fuxir de moldes e mostrarse tal cal un é. Desfacerse dos prexuízos e corsés autoimpostos, como paso indispensábel para un ser libre. O single recolle aidea de todo o album: un traballo ecléctico sen complexos, en varios idiomas, onde convivien o pop-rock con aires dos noventa, cancións de corte folk americano, toques de bossa nova e jaz, sons californianos e sintetizadores e pads que poderían asinar os mesmísimos Depeche Mode.
Todo isto acontece no videoclip de presentación do single, dirixido polo prestixioso realizador Xaime Miranda, o último gañador do Premio Mestre Mateo ao mellor videoclip de 2020. A peza foi rodada integramente nun esceario natural singular e novedoso, as canteiras de lousa de Carballeda de Valdeorras, en Ourense. A forza da paisaxe, a beleza da fotografía captada por Iago Vilariño como DOP, xunto aos elementos diferenciais que protagonizan o video, fan desta unha obra de potente valor artístico. Moi próximo a unha curtametraxe, convida ao espectador a unha reflexión.
Carolina Rubirosa é unha das cantantes e compositoras máis destacadas de Galiza. Nada no Grove e dotada dunha voz única, colaborou en proxectos discográficos de varios artistas e como cantante solista convidada en diferentes grabacións. Desde 2016, é a vocalista do grupo The Funkles e no 2017 emprende a súa carreira en solitario, compaxinando ambas.
Esta artista puxo voz a bandas sonoras de curtametraxes e filmes. Posúe un disco autoeditado e actuou en grandes festivais internacionais en países como Rusia, Finlandia, Alemaña, Inglaterra ou Portugal, e nacionais como en Almería, Valladolid, Granada, Madrid… Tamén particiou en festivais galegos como O Son do Camiño, o Festival da Luz, Noroeste Pop Rock, o festival de Cans, Ourense ICC Week, TedEx Santiago ou o mítico Festival do Landro de Viveiro, entre outros.
Compartíu esceario e traballo discográfico con artistas como Coque Malla, Miguel Ríos ou Javier Gurruchaga e grabou coa Real Filharmónica de Galiza. É gañadora de varios concursos musicais como “Revolution Unplugged 2019” ou “Sonidos Mans 19” e foi seleccionada en 2019 como representante de Galiza no Festival Liet Internacional de Dinamarca. É autora de “O teu camiñar“, a canción oficial de promoción do Camiño de Santiago inglés, cuxo vídeo protagoniza a irmá de John Lennon, Julia Baird.
Dotada dunha voz chea de matices, Carolina é unha artista diferente, versátil, que desenvolve en varios estilos e idiomas, o cal fica reflectido no seu ecléctico repertorio. Coa total ausencia de prexuízos como máxima, as súas composicións inspiran un cálido sabor vintage, con querenza polas cancións feitas “a fogo lento”. O pop-rock con tintes americanos dan a man á electrónica-pop máis bailábel e vangardista, pasando por ritmos bossa nova ou íntimas melodías a guitarra e voz. Posuidora dun sólido directo, caracterízase por unha grande sensibilidade e enerxía, a través dos seus diferentes formatos de presentación: en solitario, dúo acústico ou banda completa.