Estivo acompañada por representantes do Concello, o presidente da Fundación Pazo de Mos e os productores audiovisuais Alberto Cortés e Fran Cortizo. Outra mosense que colabora neste proxecto é a cantante de Pereiras, Antía Caride, que se encarga dos estilismos de Andrea Pousa para esta triloxía.
A estrea mundial de Alalá Meigo producíuse o pasado 21 de decembro en Estados Unidos no Noticieiro da Televisión Americana Americatevé de Miami, onde Andrea Pousa foi tamén entrevistada pola xornalista Irene Díaz.
A Triloxía Meiga de Andrea Pousa conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Linguística, que dirixe o Secretario Xeral Valentín García Gómez, e dos concellos colaboradores no proxecto: o Concello de Mos, o de O Vicedo, e o de Negreira.
A trioloxía consta dunha serie de tres videoclips (o primeiro foi Axendados; o segundo, Camiñares e este terceiro e último, Alalá Meigo), todos cunha trama relacionada entre si. Co obxetivo de protexer e difundir o patrimonio cultural, fomentar o uso da lingua e divulgación do Camiño de Santiago, e apostar pola cultura nestes tempos nos que é tan necesario, e máis imprescindible que nunca, mantela viva. Este proxecto foi realizado ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021.