Redacción 24/12/2020

O Camiño da Rúa xa é totalmente peonil con tránsito rodado só permitido para os residentes, para o que se dotou dun sistema de dous bolardos retráctiles.

 

A construción deste vial en Santa Eulalia, núcleo de A Rúa, foi posible grazas á cesión de terreos por parte da Comunidade de Montes de Mos e á financiación económica autonómica, cunha subvención de 281.413,68 euros da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Infraestruturas e Vivenda. O orzamento total da obra ascende a 469.022,80 euros máis a financiación do modificado do proxecto que ascende a 100.000 euros e que foi aprobada tamén pola Xunta de Galicia.

Para facer posible esta execución do Plan Especial de Infraestuturas do Vial no Núcleo da Rúa a CMVMC de Mos acordou ceder a favor do Concello de Mos de xeito gratuíto e con carácter indefinido unha superficie de 6.415,46 m2 que abarca as parcelas “Campo de Abaixo” e “Campo de Arriba”, limítrofes co Pazo de Mos. A construción do vial perimetral permite eliminar o tráfico rodado da rúa empedrada que discorre polo lateral do Pazo (Camiño de A Rúa). O propósito é protexer ó entorno do Pazo, recuperando este vial para un uso peonil, evitando o deterioro da superficie empedrada. O proxecto propón unha alternativa viable, adaptada á topografía da parcela e ás condicións do lugar, que discorre polos terreos cedidos pola Comunidade de Montes en Man Común de Mos.

Unha vez rematado e operativo o novo vial de Santa Eulalia, A Rúa pasa por fin a ser cen por cen peonil con tránsito rodado só permitido para os residentes, para o que se instalou un sistema dotado de dous bolardos retráctiles de elevación e descenso automático no comezo e final do Camiño da Rúa, que só poden activar os habitantes dese vial con mando a distancia.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad