O experimentado grupo galego presentará o seu novo disco, “Na Festa”, o vindeiro 30 de decembro na Sala Rebullón ás 18h. As entradas están dispoñíbeis en liña.
Los Jinetes del Trópico nacen en 2015 da man de Laura Solla e Toñyto García. Esta banda é unha banda nómada e colaborativa, xa que nela participan oitos músicos, sempre sendo a base estable Toñyto García, Fernando Estévez (que non pode estar neta ocasión) e Borja Torrado.
O seu estilo mestura a música tradicional galega cos ritmos latinos. Tras máis de 300 concertos en cinco anos e de pasar polos festivais e salas máis emblemáticos de Galiza como o Festival Revenidas, Atlantic Fest, Atlantic Pride, Armadinha Rock, La Fábrica de Chocolate ou Café Cultural Auriense, presentan neste 2020 o novo disco “Na Festa”, un Ep que conta con colaboracións da talla de Dubioza Kolektiv, Ico, Monoulious Dop ou Rocío Varela. Disco que presentarán en vivo o vindeiro 30 de Decembro na Sala Rebullón en Mos.