Redacción 23/12/2020

Aínda que disminuíu, na actualidade son 350 familias as atendidas neste eido polos Servizos Sociais

 

O Concello do Porriño, a través da Concellería de Servizos Sociais que dirixe Davis Alonso, informan de que onte rematou a distribución de alimentos deste mes de decembro, repartida a domicilio entre o 17 e o 22 por voluntarios que colaboran co Banco de Alimentos SOS Porriño, e por voluntarios da Asociación de Protección Civil.

Na actualidade, a proporción de destinatarios dos lotes de comida disminuíu algo, xa que nestes intres están sendo atendidas 350 familias do Porriño, polo que se estima que unhas 1.000 persoas en total recibiron estes lotes.

Dende novembro, a entrega realízase a domicilio como consecuencia das restricións anticovid establecidas e, sobre todo, “para evitar a vergoñenta imaxe das colas de fame” declarou David Alonso.

Ao lote habitual de comida que recibe cada familia, neste mes de decembro engadíronse algúns extras grazas ás doazóns de empresas como “Coren”, que regalaron 200 capóns conxelados -entregados a familias con máis de 3 membros- e “Ceamsa”, que doaron caixas con produtos de Nadal.

Por outra banda, hoxe mércores no Multiusos de Torneiros entregaronse xoguetes educativos e de mesa para 70 nen@s porriñeses de 48 familias, das máis desfavorecidas seleccionadas polos Servizos Sociais.  A entrega fíxose aos seus pais convocados para tal fin, para que non rompan as ilusións d@s máis pequen@s.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad