O PSdeG de Mos critica o abandono da parroquia de Tameiga por parte do Concello e reclama axuda para o arranxo do vial.
A estrada de acceso a Urbanización de San Eleuterio, que recentemente foi humanizada con fondos da Deputación de Pontevedra, volve mostrar unha fochanca por segundo mes consecutivo. Fai unhas semanas o Concello comunicaba, despois dunha reclamación da bancada socialista, que a rotura na estrada fora a causa dunha avaría nas tuberías da auga que suministran a urbanización e que terían que ser eles os que se fixeran cargo das reparacións.
Os socialistas entenden que, sendo esta como unha carretera moi transitada debido á cantidade de vivendas na urbanización e a densidade de poboación na contorna, é unha necesidade urxente que se arranxe a maior brevidade. Esta fochanca está xusto despois dunha curva facendo perigosa a circulación pola vía, ademais de que os vehículos son obrigados a invadir o sentido contrario.
Victoria Alonso, voceira socialista, atendendo ás reclamacións da veciñanza da contorna pídelle o concello que tome cartas no asunto para que a estrada sexa arranxada no menor tempo posible e solicita que sexa un arranxo definitivo, xa que fai unhas semanas da última reparación que a vista dos feitos acontecidos califica de lamentable así como a actitude do concello por non vixiar que a reparación fose correcta. Alonso di que dende o Concello non se pode segmentar a veciñanza por cuestións partidistas, xa que este non é o primeiro caso da parroquia onde se pode distinguir un trato discriminatorio por ser a parroquia que máis se manifesta en contra do proxecto deportivo que inclúe un centro comercial en terreos forestais.