Redacción 23/12/2020

A Xunta inviste en ambas fases preto de 100.000 euros. A mellora revirte nunha importante optimización do illamento térmico, da eficiencia enerxética e do aforro en gastos de climatización. 

 

As obras, xa finalizadas nalgunhas aulas, son de renovación da carpintería exterior metálica nas portas e ventás. Os traballos iniciados o ano pasado foron posíbeis polo financiamento da Xunta en dúas fases, que chega case até os 100.000 euros. Unha vez concuída esta segunda fase quedará prácticamente renovada na súa totalidade a carpintería exterior do centro educativo. Estas obras no Colexio de Atín revirten nunha importante optimización do illamento térmico das instalacións do centro educativo coa conseguinte mellora da eficiencia enerxética e aforro en gastos de climatización.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad