Redacción 23/12/2020

A delicada situación socioeconómica de moitos veciños desde hai anos fai precisa a realización deste programa. Segundo o Concello, ao longo de 2020 repartíronse 40 toneladas de alimentos e tarxetas para compra de producto fresco nos supermercados de Mos, valoradas nun total de 21.000 euros.

 

Onte comezaron a repartirse, na sede de Mos Axuda en Puxeiros, os lotes de alimentos e tarxetas agasallo para compra de alimento fresco en supermercados da Campaña Mos Axuda no Nadal entre as 99 familias mosenses beneficiarias das mesmas. Esta semana recollíanse do último punto de recollida, o Belén Solidario do Pazo de Mos, as derradeiras doazóns antes de iniciar o reparto de onte. Nese acto, estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, xuntos cos voluntarios municipais e de Mos Axuda, e representantes da Fundación Pazo de Mos. Este ano non se realizou campaña de recollida nos supermercados, mais grazas á colaboración de colexios, asociacións, particulares e empresas recaudouse unha cantidade destacábel de axuda.

O Nadal Solidario é unha campaña anual de recollida de alimentos levada a cabo polo Concello de Mos. En total son preto de 100 familias usuarias dos Servizos Sociais municipais, case 250 persoas, as que reecivirán axuda este ano. Mos Axuda é un proxecto do Concello de Mos nacido en 2015 como unha organización de reparto directo de alimentos entre as persoas máis desfavorecidas do municipio e apoiado polos Servizos Sociais municipais.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad