Un total de 4.000 € en cheques regalo serán sorteados entre os compradores que merquen no comercio local da vila
Os gañadores daranse a coñecer en dúas quendas, 22 de decembro e o 13 de xaneiro
A Asociación de Comerciantes do Porriño -ACIPOR- e o Centro Comercial Aberto Morea, en plena campaña de Nadal, como cada ano, premiará as compras no comercio local do Porriño, con premios en forma de cheques-compra.
Deste xeito, cada persoa que merque no comercio porriñés, poderá participar no sorteo de 70 cheques de compra por valor de 60 € cada un, que se sortearán o 22 de decembro e o 13 de xaneiro. En total fan unha suma de 4.200 € en premios a repartir entre os clientes.
Dende ACIPOR lembran que, como cada ano, as persoas que procuren dun agasallo e non se deciden, poden optar por mercar unha tarxeta regalo. Trátase dunha tarxeta prepago de regalo que permite escoller importes de 20, 30 ou 50 € e que pode adquirirse nas nosas librerías asociadas Paz, Copi–Rey e Recondo; estas pódense canxear nos más de cen comercios asociados que forman o Centro Comercial Aberto do Porriño.
Por outra banda, seguen medrando as empresas que están mercando Tarxetas Regalo de Acipor CCA Morea Porriño, para agasallar aos seus traballadores ou clientes. En total 7 empresas xa mercaron 9.500 € para este fin no que vai de campaña.
Dende ACIPOR queren agradecer que, as empresas do Porriño, esten sumándose a esta mostra de apoio e ilusión por unha Nadal Solidario co comercio local do Porriño.