Redacción 17/12/2020

O TSXG confirma a condena de seis anos de cárcere a unha muller que tentou entregar droga á súa parella na Lama.

Se lle atopou nun cacheo a acusada agochada na súa roupa interior.

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena de seis anos de cárcere que a Audiencia Provincial de Pontevedra lle impuxo a unha interna no centro penal da Lama por tentar entregarlle droga ao seu compañeiro sentimental, tamén ingresado nesa prisión, durante unha comunicación  intermodular. O tribunal considera acreditado que a muller escondía na súa roupa interior haxix e cocaína destinada ao seu marido co obxectivo de que “saldase contas que tiña dentro da prisión”, polo que descarta que fose “para consumo inmediato e exclusivo do destinatario”. Ademais, os xuíces destacan que a cantidade de droga intervida -104 gramos de haxix e 6,563 gramos de cocaína- é  significante, polo que descartan atenuar a condena.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad