Redacción 17/12/2020

Segundo informa o Concello, a alcaldesa arrinca o compromiso do presidente da Xunta para que ambas administracións vaian da man neste proceso. O primeiro paso será convocar un concurso de ideas que se prolongará durante 3 meses. Arévalo asume que este é “un momento complicado, económicamente falando, para pensar nun Concello novo, pero precisamente é a pandemia a que me obriga a elo, porque agora non hai condicións de traballo”.

 

“Chegou o momento de que Mos teña que pensar nunha nova Casa Consistorial xa que os traballadores municipais están distrubuídos en oito edificios pola falla de espazo, o que provoca a incomodidade tanto do funcionariado como da veciñanza que acode a facer xestións. E esta incomodidade multiplícase agora en momentos de crise sanitaria pola COVID-19. Os protocolos e medidas de seguridade obrígannos a establecer ata tres turnos de traballo diarios diferentes entre traballo presencial e teletraballo. É o momento de que o persoal municipal comece a traballar en condicións”. Así llo plantexaba a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, nunha xuntanza mantida entre ambos esta tarde en Santiago de Compostela.

Arévalo asume que “este trátase dun momento complicado, económicamente falando, para pensar nun Concello novo, pero precisamente é a pandemia a que me obriga a elo, porque agora non hai condicións de traballo”. A rexedora local mosense logrou arrincar o compromiso da Xunta de Galicia para que as administracións municipal e autonómica vaian da man neste proceso que arrancará próximamente cun concurso de ideas para o anteproxecto.

Arévalo informou á saída da reunión de que o concurso, unha vez iniciado, prolongarase durante un prazo duns 3 meses, e a continuación virá a elaboración do proxecto. Para este proceso desde a administración local mosense estímase un orzamento duns 300.000 euros dos que proxecto podería chegar a levarse 200.000 euros. A alcaldesa asegura que “estamos pensando nun edificio austero pero que teña todos os servizos municipais concentrados”.

Por outra banda Nidia Arévalo tratou tamén con Núñez Feijóo otros asuntos de importancia capital para o Concello de Mos. En primeiro lugar a axilización da conversión do edificio do Rebullón en residencia. Sobre este tema desde o Concello lévase xa máis dun ano traballando conxuntamente coa Consellería de Sanidade, dada a necesidade de cada vez máis prazas de residencia nestes intres de crise sanitaria.

Á súa vez á alcaldesa explicoulle ao presidente como van os trámites do novo proxecto en Veigadaña do Polígono Cebral-2 e trasladoulle a importancia da acometida do vial de acceso directo á Veigadaña desde a Autovía A-55.

Por último abordaron proxectos cruciais para Mos na presente lexislatura, fundamentalmente de saneamento e humanización, que a alcaldesa levou no seu programa electoral dos pasados comicios municipais. Entre eles atópase o proxecto de humanización e mellora integral da contorna de San Eleuterio, así como a optimización e reforma das zonas comúns exteriores do barrio de San Rafael, un polígono de vivendas dos anos 40 do século pasado no que os propietarios sempre asumiron e realizaron as reformas e mantemento.

E por suposto unha proposta de proxecto final de saneamento en Mos para poder acadar finalmente o 100% da instalación municipal. Posto que agora só quedan pendentes os tramos máis difíciles que suporán unha inversión total de 1,3 millóns de euros; dos que se solicita á Xunta cofinanciamento.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad