Nace AEDIGAL, a patronal galega da discapacidade intelectual
Despois da Asemblea previa celebrada o pasado mes de setembro, onde as asociacións acordaron a creación desta patronal, hoxe oficializouse a súa constitución, quedando integrada por un total de 24 entidades galegas máis a propia Federación.
A Federación galega de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento (FADEMGA Plena inclusión Galicia) fai realidade dende hoxe un proxecto longamente perseguido polo Movemento Asociativo: a creación da patronal galega da discapacidade intelectual que nace co fin de reivindicar, defender, representar e xestionar os intereses económicos e sociolaborais da entidades sen ánimo de lucro que a integran no ámbito autonómico de Galicia.
Nº |
ENTIDADES FUNDADORAS |
PROVINCIA |
1 |
ASPANAS |
Ourense |
2 |
ASPADISI |
|
3 |
ASFAVAL |
|
4 |
ADO |
|
5 |
ASPNAIS |
|
6 |
PRODEME |
Lugo |
7 |
PRODUCTORES DE CARNE DA RIBEIRA SACRA S.L. |
|
8 |
CAMIÑA, ASOC. COMARCAL DA MARIÑA DE LUGO |
|
9 |
FUNDACION EU SON |
|
10 |
CENTRO SAN VICENTE DE PAUL |
|
11 |
RAIOLAS LUGO |
|
12 |
AFADI |
|
13 |
ASPANANE |
|
14 |
SPECIAL OLYMPICS GALICIA |
A Coruña |
15 |
APADER |
|
16 |
ASPAS |
|
17 |
ASPAS EMPREGO |
|
18 |
Nª SRA. DE CHAMORRO |
|
19 |
ASPRONAGA |
|
20 |
SERVICIOS LAMASTELLE S.L. |
|
21 |
JUAN XXIII |
Pontevedra |
22 |
ASPAVI |
|
23 |
ASPANAEX |
|
24 |
ASOCIACIÓN GALEGA SAN FRANCISCO |
|
25 |
FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA |
Federación |
Nesta reunión constitutiva tamén quedou definida a comisión xestora formada por Eladio Fernández, (presidente), Marcelo de la Cruz, (secretario), Ramiro Fernández Rey (tesoureiro), e José Manuel Carballo Cabezas, Juan Fontela e Javier García como vogais.
En palabras do representante da nova patronal, Eladio Fernández “esta asociación é esencial para que podamos manter o nivel de representatividade que temos. Trataríase dunha asociación patronal que engloba xa dende a súa creación a preto de 1.100 traballadores, co firme compromiso de ampliar esta base a curto prazo”.
O presidente tamén quixo recalcar que “as familias, somos os representantes legais das entidades e non se nos pode excluir. Por eso vemos a necesidade de crear esta patronal, promovida polas nosas asociacións. Estamos a falar de entidades que non teñen ánimo de lucro e que na súa maioría contan coa declaración de utilidade pública”
Entre os fins desta nova asociación, estará o de apoiar ás entidades membro nos procesos de cambio necesario para o cumprimento da Convención de Nacións Unidas dos Dereitos das Persoas con Discapacidade, cambiar o sistema de negociación colectiva, representar ás empresas que a integran ante a Administración Pública, contribuír a un marco de relacións laboráis equilibrado e xusto entre empresas e traballadores ou apoiar ás entidades no proceso de creación, mantemento e mellora do emprego así como todo tipo de procesos que permitan a mellora contínua.
FADEMGA Plena inclusión Galicia, Federación de asociacións a favor das persoas con discapacidade intelectual, conta na actualidade con 7.982 socios e 116 centros ubicados polas catro provincias galegas nos que traballan un total de 1.389 profesionais co apoio de 1.231 voluntarios.