Redacción 14/12/2020

A curtametraxe galega, rodada en O Porriño e baseada nos relatos da “Galería de Saldos” do porriñés Diego Giráldez, acadou o primeiro premio na categoría de curtametraxes de ficción no Festival Internacional de Cinema Inclusivo de Bogotá (foto: Andrea Mariño)

 

A curtametraxe “Para sempre, Malévich” do director e guionista Antón Veiga, ven de gañar o primeiro premio na categoría de curtametraxes de ficción no We Cam Fest, o festival de cinema inclusivo de Colombia. A obra, rodada en galego, adapta parte dos relatos da “Galería de saldos” (Xerais, 2016) do autor galego, Diego Giráldez.

Xunto á curta galega, competían na mesma categoría outras 19 obras, pero “Para sempre, Malévich” foi a considerada como mellor obra do 2020 polo xurado profesional deste festival que promove a inclusión das persoas con diversidade funcional, a través do cinema.  

‘Para sempre, Malevich’ recolle o relato inicial do libro de Giráldez, no que unha galerista de arte, interpretada por Iria Sobrado, coñece a un marchante de arte invidente, interpretado polo actor do grupo Valacar da Once, Felipe Cotelo. A presencia e a naturalidade da relación entre os dous actores, é un dos puntos fortes da obra, para alzarse con este galardón internacional.

A obra é o debut na ficción de Antón Veiga, e tamén do director de fotografía da obra, Mateo Hernández. Foi rodada en febreiro de 2020, co único apoio da productora Elemental Chefs e xusto antes do confinamento, circunstancia que freou moitas das posibilidades de dar a coñecer a obra. Facerse cun premio internacional, supón un apoio a lingua galega e o traballo audiovisual feito dende Galicia.

Veiga e Hernánez continúan a preparar os seus seguintes proxectos, entre os que destacan duas series documentáis: “De letras e Galegas” que recolle unha serie de entrevistas a escritoras en galego; e “Obxetivo en Galicia” que recolle os perfis de 5 profesionáis da fotografía da nosa terra, amosando unha expresión artística non sempre posta en valor.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad