Os socialistas de Mos lanzan críticas á alcaldesa pola súa política de concienciación social en materia de violencia de xénero. Consideran que as iniciativas do goberno local este 25N, como o reparto de globos lilas ou un contrato de publicidade 1.815 euros, apenas serviron para “sacarse fotografías”. Reclaman, á vez, políticas reais de concienciación.
O pasado 25 de novembro conmemorouse o Día Contra a Violencia de Xénero. Con esta xornada, búscaso implicar a sociedade na loita contra a lacra dos asasinatos machistas, unha cuestión coa que as administracións deben implicarse. No Concello de Mos, as accións levadas a cabo polo goberno municipal foron a colocacións de globos lilas por todo o concello e material publicitario, ademais da realización dun minuto de silencio no Concello.
O Partido Socialista de Mos xa criticou no seu día a utilización de elementos contaminantes, coma son os globos, posto que foron colocados e nos seguintes días estaban ciscados polas beirrarúas. Tamén solicitaron actividades que veñan a reforzar a concienciación da cidadanía na repulsa desta lacra. Dende o PSdeG de Mos non ven aceptable que se faga un gasto de 810 euros na compra de globos e 1.815 euros en material publicitario e o seu deseño. En definitiva, consideran que eses máis de 2.600 euros públicos poderían ser empregados en actividades de concienciación que “demostren a implicación do Concello”.
A voceira socialista, Victoria Alonso, reafirmase na necesidade de ter administracións que “traballen por frear estes asasinatos e por educar en valores igualitarios”. Considera inaceptábel que se faga un acto que semella “máis a unha festa que a conmemoración do día contra a violencia machista”, e que se asuma un gasto de máis de 2.600 euros en algo que se empregou para sacarse fotografías. Engade que a implicación coa loita contra a violencia de xénero ten que ir máis aló de actos para a foto e que esa mentalidade é a que non axuda a eliminar este problema que son os asasinatos machistas.