Redacción 14/12/2020

O Concello pon á disposición dos veciñ@s un novo servizo municipal a través dunha aplicación para o teléfono móbil no que poderán tanto recibir bandos ou noticias, coma notificar incidencias, avarías ou desperfetos

 

O Porriño conta cunha nova ferramenta municipal no eido das Novas Tecnoloxías, que o Concello pon a disposición da veciñanza. Trátase dunha app de comunicación bidireccional entre Concello e os cidadáns denominada “O Porriño Informa”.

“O Porriñó informa” é unha aplicación para teléfonos móbiles que notifica aos veciñ@s sobre bandos, anuncios, noticias e información do Concello de xeito inmediato a través do teléfono móbil. E ademais os veciños poderán reportar incidencias, consultas e propostas ao Concello.

A partir de hoxe o Concello inclúe nas súas redes sociais información sobre este novo servizo así como o xeito de descargarse a aplicación no móbil. Así mesmo están a colocarse en edificios e depedencias municipais, carteis co anuncio do servizo e as instruccións e o código QR para descargar esta app.

A través deste servizo, calquera veciñ@ poderá reportar incidencias, formular consultas e propoñer novas ideas ao seu Concello. Todo desde o teléfono móbil, dunha forma sinxela e intuitiva.

O concelleiro de Novas Tecnoloxías, David Alonso, valorou que esta nova aplicación “permite a proximidade tanto para o Concello como para @s veciñ@s que nos poden avisar inmediatamente de avisos sobre avarías, baches, actos vandálicos e moitas outras anomalías que constitúen unha información moi valiosa para os servizos municipais e aforra aos cidadáns o proceso de rexistro destes incidentes ante o Concello”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad