Redacción 14/12/2020

Namentres algunhas traídas de augas poden presumir de lograr unha subvención da Xunta, outras non dispoñen de axudas 

A creación de liñas de axudas municipais e a creación dunha ‘mesa da auga’ poderían resolver diferenzas de prezos e necesidades entre as distintas traídas mosenses

 

 

Gañamos presentou no mes de Outubro unha moción por vía de urxencia solicitando ao goberno de Nidia Arévalo unha partida nos orzamentos do 2021 para subvencionar as traídas de auga.

“As traídas fan un traballo indispensable para o crecemento do noso concello, e as axudas das administracións son insuficientes e non chegan a todas as traídas, que poden estar anos sen axudas. A auga como ben de primeira necesidade, é responsabilidade do Concello prestarlle a axuda precisa, xa que non ten alternativa para abastecer aos veciñ@s” explican dende Gañamos.

Dende o grupo de oposición afirman que “o Concello é a Administracion máis próxima as traídas, sendo coñecedora das necesidades que teñen, e debería axudar con fondos propios, creando unha liña de subvencións que se manteña no tempo e se reparta por criterios obxectivos e con transparencia.

Outra proposta sería a de crear unha ‘mesa da auga’, onde poder establecer criterios como, entre outros, un precio igualitario da auga ou unha regulación das tarifas de enganche ás mesmas; pois actualmente, entre as distintas traídas de Mos, hai gran diferencia de prezos, que van dende os 2.000 € ata os máis de 5.000 € que ten que pagar o novo comuneiro.

Respecto das propotas levadas a Pleno por Gañamos subliñan “Arévalo non quixo debatir a moción no pleno de Outubro, e no de Novembro xa non a levou na orde do día. Manipula e oculta as propostas da oposición sin querer debatir no pleno algo de interés municipal, polo que para este mes de Decembro, volveremos presentar esta moción para o seu debate no pleno municipal”.

O grupo de oposición remata incidindo en que “Nidia Arévalo afirma que o Concello non ten fondos para axudar as traídas e que o fan outras administracións. É inasumible que un Goberno que alarda de ter aprobado o PXOM, de aprobar os orzamentos municipais en tempo e forma, e estar sempre ao lado dos colectivos, non destine diñeiro público a algo tan básico e de vital importancia como son as traídas, que fan un traballo indispensable e de forma exemplar de xestión e adicación”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad