Redacción 13/12/2020

O goberno dirixido por Nidia Arévalo estabelece unha liña telefónica para a concertación de reservas para visitas á cidade deportiva do Celta en Mos a través da administración mosense.

 

En horario de 09.00 horas a 14.00 horas, de luns a venres, as persoas interesadas poderán contactar co Concello no 986 33 74 53.

Ademais desde o Concello de Mos remitirase invitación oficial para realizar este tipo de visitas guiadas ás Asociacións Veciñais e Culturais do municipio, Comunidades de Montes e de Augas, clubes deportivos e colexios. Agora desde o Concello actívase este novo servizo para que todas as persoas que desexen coñecer en detalle e en persoa a Cidade Deportiva ‘Afouteza’ poidan facelo concertando unha visita guiada, previa chamada ao número de teléfono anteriormente citado.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad