Redacción 09/12/2020

A alcaldesa porriñesa pide unha reunión de traballo ao presidente da Xunta para abordar asuntos de especial interese para O Porriño

 

A alcaldesa do Concello do Porriño, Eva García de la Torre, solicitou ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, unha reunión de traballo para “abordar os asuntos pendentes de resolución no termo municipal que dirixo”, segundo expresa a rexedora porriñesa nunha carta.

Esta mañá o Concello enviou a petición de audiencia á sede da presidencia da Xunta.

A alcaldesa argumenta o encontro con Feijóo como “de especial interese. O Concello do Porriño é, hoxe, un dos poucos de Galicia que medra en poboación, xenera postos de traballo estables e constitúe unha referencia industrial sólida para a proxección de Galicia”, segundo reivindica a rexedora no seu escrito ao titular do goberno autonómico.

Eva García manifesta finalmente na súa carta que “estou segura que chegaremos a acordos que beneficiarán aos veciños e veciñas do Porriño”. 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad