Ecoloxistas en Acción insta á Fiscalía Xeral do Estado e á Fiscalía Especialista do Medio Ambiente á apertura de dilixencias de investigación penal por un presunto delito contra o medio ambiente e os recursos naturais en relación ás verteduras que afectan á Rede Natura, ZEC “Gándaras de Budiño”. A organización ecoloxista galega tamén solicita que se depuren as posibles responsabilidades por prevaricación omisiva, en relación á falta de prevención e custodia destos espacios naturais de alto valor ambiental e ecolóxico. Nun video, a organización recolle as queixas das veciñas.
Ecoloxistas en Acción denunciou con anterioridade que a Conselleria de Economía, Empresa e Innovación concedera autorización de explotación e do plan de restauración de varias explotacións mineiras en Budiño sen a necesaria avaliación de impacto ambiental cando as explotacións autorizadas por esta consellería causan prexuizos de imposible ou difícil reparación ao río Louro, ao barrio Eidos-Vitureira e ás Gándaras de Budiño (ZEC ES1140011), espazo protexido pola Rede Natura 2000.
Ademáis desde Ecoloxistas en Acción resaltan que o feito de que as explotacións “Eidos nº 2342.2” (PO/C/02342.2), «Forna» Nº 2342 (PO/C/02342) e “Benedicta 1544” levaran tempo funcionando non exime da realización dun Informe sobre as Repercusións do proxecto de explotación e do plan de restauración sobre a Rede Natura.
Ecoloxistas en Acción sinala que ante a posibilidade de que os baleirados das balsas, as lixiviacións e as escorrentias puideran afectar á calidade das augas dos regos que verte nao río Louro e coa finalidade de evitar afeccións á Rede Natura, débese realizar non só unha Avaliación de Impacto Ambiental ordinaria, senón tamén informar sobre das Repercusións dos proxectos sobre a Rede Natura, tal e como esixe a protección ambiental reforzada da Directiva 92/43/CEE do Consello, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres.
A organización ecoloxista galega denuncia que o órgano ambiental competente obvia a avaliación de impacto ambiental ordinaria, pese aos efectos sinérxicos e acumulados das tres explotacións sobre a Rede Natura, ZEC ES1140011 Gándaras de Budiño. É máis, non só obvia a avaliación ambiental ordinaria, senón que ademais fragmenta os tres proxectos para eludir a avaliación integral dos seus impactos desde unha perspectiva ecosistémica.
Ecoloxistas en Acción lembra que a aplicación do principio de precaución aconsella que cando se aprecie que existe obxectivamente algunha “posibilidade” de afección sobre algún espazo RN2000, entón a avaliación de impacto ambiental ha de considerar e incluír a avaliación de repercusións sobre Rede Natura 2000, e coa información que se xere os órganos ambientais competentes poderán apreciar se os efectos avaliados son significativos ou non. No presente caso non se tivo en conta esta posibilidade dos efectos sobre a Rede Natura polo que cautelarmente, e en tanto en canto, non se avalíen estas repercusións sobre as Gándaras de Budiño debe suspenderse a eficacia das Resolucións que autorizan tanto os proxectos de explotación como de restauración das concesións “Eidos”, “Forna” e “Benedicta”.