Dende 2018 o arranxo dos semáforos das estradas provinciais son competencia municipal. O consistorio mosense chamou en varias ocasión a Deputación e se lle transmitiu por carta con acuso de recibo que teñen a competencia deste suministro. Os concelleiros, coa alcaldesa á cabeza, son coñecedores desta medida e mesmo varios concelleiros recoñecérono nun pleno.
Na pasada fin de semana, o goberno municipal decidiu poñer unha pancarta no semáforo de Guizán baixo a escusa de que a Deputación non arranxa os semáforos destas estradas. Esta decisión foi tomada raíz dunha denuncia do PSOE de Mos, feita polo estado de abandono do semáforo de Puxeiros que leva varias semanas roto. En reiteradas ocasións os socialistas afirman que lle solicitaron o Concello que arranxase os semáforos de ditas estradas e así o fixeron pero nesta ocasión decidiron non arranxalos e colocar unha pancarta que, segundo afirman os socialistas, confunda a veciñanza.
A voceira socialista, Victoria Alonso, di non entender o motivo destes ataques e “mentiras” para manchar a imaxe dunha administración gobernada por outra cor política poñendo en perigo a seguridade viaria da veciñanza mosense. Engade que non van permitir que minta e engane ás veciñas e veciños e pedirán explicacións tanto a actual rexedora coma os concelleiros que se encargaron de amparar esta mentira. Finaliza dicindo que o goberno debería arranxar na maior brevidade os semáforos e sacar unha pancarta que “o único para o que serve é para facer o ridículo cunha mentira”.