Redacción 07/12/2020

As obras, financiadas pola Deputación, consistiron na mellora da cuberta do Pavillón Óscar Pereiro na súa parte translúcida e na instalación dunha cuberta nas instalacións do campo de Coto Torrón.

 

O Concello informou onte da finalización das obras da cuberta do no Pavillón Óscar Pereiro. No caso deste pavillón polideportivo, substituíronse todas as pranchas existentes por outras novas de policarbonato celular. Con esta mellora, segundo o Concello, evítanse as filtracións de auga e obtense unha transmisión de luminosidade do 52%, o que supón un aforro na enerxía eléctrica da instalación e lógrase maior claridade no interior do pavillón. Ademais asegura a entrada da luz sen necesidade de cambios de temperatura e evita fugas térmicas ou entrada de humidades. “O orzamento de execución material”, informa o Concello, ascende a 21.000 euros.

Por outra banda, as obras realizadas no complexo deportivo do Clube Deportivo Louro consistiron en cubrir un espazo de zona de descanso e comunicación, mediante unha estrutura metálica acabada con panel nervado. En concreto, a construción dunha cuberta entre a edificación de oficinas, bar, aseo e a cuberta que cubre o acceso ao campo mediante unha estrutura metálica.  O proxecto financiouse con cargo ao Plan Concellos 2020 da Deputación e o Concello asegura que se axusta aos requerimentos legais de seguridade, aforro de enerxía, ruído, integración no marco urbanístico, etc.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad